- Inicio

- Quienes somos

- Pregutas frecuentes

- RD 235/2013

- Presupuesto

CONTACTO

881 005 170

662 438 249

info@ceega.es

Precicla arquitectos 2013

 

  • Inicio
  • Quienes somos
  • Preguntas frecuentes

    1.- Que é o Certificado de eficiencia enerxética de edificios?

    O certificado de eficiencia enerxética é a documentación que subscribe un técnico competente nesta materia como resultado do proceso de certificación e que contén información sobre as características enerxéticas e a cualificación de eficiencia enerxética do edificio ou da parte do edificio.

    Os certificados de eficiencia enerxética poden ser, en función de si o edificio é de nova construción ou existente:

    Edificios ou partes do edificio de nova construción:

    - Certificados de eficiencia enerxética do proxecto.

    - Certificados de eficiencia enerxética do edificio terminado.


    Edificios existentes:

     - Certificados de eficiencia enerxética do edificio existente


    2.- Para cales edificios existe a obriga de obter o certificado de eficiencia enerxética?

    Existen tres casos para os que é obrigatorio obter o certificado de eficiencia enerxética, segundo se establece no Real Decreto 235/2013:

    a) Edificios de nova construción.

    b) Edificios ou partes de edificios existentes que se vendan ou se aluguen a un novo arrendatario, sempre que non dispoñan dun certificado en vigor.

    c) Edificios ou partes de edificios nos que unha autoridade pública ocupe unha superficie útil total superior a 250 m2 e que sexan frecuentados habitualmente polo público.


    3.- Quen ten a obriga de contratar a realización do certificado de eficiencia enerxética?

    O propietario ou promotor dun edificio, vivenda ou local destinado a uso independente ou de titularidade xurídica independente será o responsable de encargar o certificado de eficiencia enerxética do edificio, conservalo e presentar este certificado no órgano competente da Comunidade Autónoma para o seu rexistro.

    4.- Cando é obrigatorio a obtención do certificado de eficiencia enerxética de edificios?

    a) Edificios de nova construción, dende a entrada en vigor do Real Decreto 235/2013 (15 de abril de 2013). Os certificados de proxecto ou de edificio terminado obtidos con anterioridade ao 1 de xuño de 2013 serán válidos, de acordo co anterior RD 47/2007. A partir desta data, o contido do certificado de eficiencia enerxética tanto para edificios de nova construción como existentes deberá adecuarse ao establecido no artigo 6 do Real Decreto 235/2013.

    b) Edificios ou partes de edificios existentes que se vendan ou se aluguen a un novo arrendatario, sempre que non dispoñan dun certificado en vigor, dende o 1 de xuño de 2013.

    c) Edificios ou partes de edificios existentes de titularidade pública ocupados por unha autoridade pública e frecuentados habitualmente polo público, dende o 1 de xuño de 2013, cando a súa superficie útil sexa superior a 500 m2. Cando a súa superficie útil sexa superior a 250 m2, dende o 9 de xullo de 2015.  Cando estean en réxime de aluguer e teñan unha superficie útil superior a 250 m2, dende o 31 de decembro de 2015.

    5.- Quen son os técnicos competentes para certificar?

    Os certificados serán suscritos polos denominados "Técnicos Competentes". Ditos técnicos competentes poderán selo por:

    •  Estar en posesión de calquera das titulacións académicas e profesionais habilitantes para:

     - A redacción de proxectos ou dirección de obras e dirección de execución de obras de edificación ou para a realización de proxectos de sus instalacións térmicas, segundo o establecido na Lei 38/1999, de 5 de novembro, de Ordenación da Edificación.

     - A suscripción de certificados de eficiencia enerxética.

    • Haber acreditado a cualificación profesional necesaria para suscribir os certificados de eficiencia enerxética segundo o que se estableza mediante a orden prevista na disposición adicional cuarta do RD 235/2013.

    En tanto esta orde ministerial non se publique, poden realizar o certificado de eficiencia enerxética de calquera tipo de edificio, todos os arquitectos, arquitectos técnicos e aparelladores, e enxeñeiros superiores e enxeñeiros técnicos dos contemplados no apartado 2 do artigo 10 da Lei 38/1999, non sendo necesario cumprir ningún outro requisito, salvo normativa específica que indique o contrario.

    6.- Que é a etiqueta de eficiencia enerxética de edificios?

    A etiqueta de eficiencia enerxética clasifica os edificios, mediante dous indicadores, dentro dunha escala  de  sete  letras,  que  parte  da  letra  G  (edificio  menos  eficiente)  á  letra  A (edificio máis eficiente). Estes indicadores, que tomarán os valores do Certificado de Eficiencia Enerxética do  Edificio, son:

    -    Consumo de enerxía primaria non renovable, expresado en kWh/m2 ano
    -    Emisiones de CO2  expresado en KgCO2 /m2 ano. 

    etiqueta_CEE

     

     


     

     

     

     

     

     

    7.- Cales son as obrigas que establece o Real Decreto 235/2013 con respecto á etiqueta de eficiencia enerxética?

    Esta  etiqueta  debe  ser  incluida,  tal  como  establece  o  RD  235/2013,  en  toda  oferta, promoción  e  publicidade  dirixida  á  venda  ou  arrendamento  do  edificio  ou  unidade  do edificio.

    Esta etiqueta debe ser mostrada nun lugar visible polo público, nos seguintes casos:

    - Edificios ou unidades de edificios de titularidade privada con superficie útil superior a 500 m2 frecuentados polo público, únicamente cando lles sexa esixible a súa obtención (compra-venta, aluguer ou nova construcción).

    - Edificios ou partes de edificios ocupados pola administración pública con superficie útil superior a 250 m2 frecuentados polo público.

    Para o resto de casos nos que sexa esixible a obtención do certificado de eficiencia enerxética, a exhibición da etiqueta será con carácter voluntario.

    8.- No caso dun edificio ou vivenda que ten actualmente un contrato de arrendamento é necesario obter o certificado?

    Se a entrada en vigor do Real Decreto 235/2013 xa existe contrato de arrendamento, non será necesario obter o certificado, así como no caso de que este contrato se renove. Únicamente no caso de que se realice un novo contrato a outro arrendatario será preciso realizar o certificado de eficiencia enerxética.

    9.- Para que tipo de edificios non é obrigatorio dispoñer dun certificado de eficiencia enerxética?

    a) Edificios  e  monumentos  protexidos  oficialmente  por  ser  parte  dun  entorno declarado o en razón do seu particular valor arquitectónico ou histórico.

    b) Edificios  ou  partes  de  edificios  utilizados  exclusivamente  como  lugares  de  culto  e para actividades relixiosas.

    c) Construcións provisionais cun prazo previsto de utilización igual ou inferior a dous anos.

    d) Edificios  industriais,  da  defensa  e  agrícolas  ou  partes  dos  mesmos,  na parte  destinada  a  talleres,  procesos  industriais,  da  defensa  e  agrícolas  non residenciais.

    e) Edificios ou partes de edificios illados cunha superficie útil total inferior a 50 m2.  Neste caso enténdense excluídos aqueles edificios que teñan unha ubicación illada respecto a outros edificios, como locales, almacenes, bares, casas rurais… que non acaden a dimensión axeitada.

    f) Edificios que se compren para reformas importantes ou demolición.

    g) Edificios ou partes de edificios existentes de vivendas, cuxo uso sexa inferior a catro  meses  ao  ano,  ou  ben  durante  un  tempo  limitado  al  ano  e  cun  consumo previsto de enerxía inferior ao 25 por cento do que resultaría da súa utilización durante todo o ano, sempre que así conste mediante declaración responsable do propietario da vivenda.  

    10.- Onde teño que solicitar o rexistro do certificado de eficiencia enerxética?

    A solicitude de rexistro dun certificado no Rexistro de Certificados de Eficiencia Eenexética en Galicia, mentres non existe outra normativa autonómica que desenvolva o RD 235/2013, deberá ir dirixida á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas e realizarase do seguinte xeito:

    - Para inscribir os certificados de eficiencia enerxética de edificios de nova construcción: certificados de proxecto e de edificio teminado (código de procedemento IN 413C) a solicitude cubrirase de xeito electrónico, e o envío da mesma xunto coa documentación será presencial.

    - Para inscribir os certificados de eficiencia enerxética de edificios existentes: (código de procedemento IN 413D) a solicitude realizarase a través da sede electrónica. Nestes casos a cumprimentación da solicitude realizase de xeito electrónico e o envío da mesma xunto coa documentación necesaria poderá realizarse de xeito electrónico ou presencial.

    11.- Debe estar rexistrado o certificado de eficiencia enerxética dun edificio para ter validez legal?

    A validez do certificado prodúcese unha vez firmado polo técnico competente. Polo tanto, este documento será o que se esixirá nos contratos de compra-venda ou arrendamento, celebrados a partir do 1 de xuño de 2013 (disposición transitoria primeira). Todo isto sen prexuízo de que se poida establecer na normativa autonómica que desenvolva este Real Decreto outras esixencias ou requisitos ao respecto.