
CONTACTO
881 005 170
662 438 249
info@ceega.es
Dando cumprimento á normativa comunitaria o pasado 13 de abril publicouse no BOE o Real Decreto 235/2013 do 5 de abril, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación enerxética dos edificios. Así, a partir do 1 de xuño de 2013, a presentación ou posta a disposición dos compradores ou arrendatarios do certificado de eficiencia enerxética (CEE) da totalidade ou parte dun edificio, será esixible para os contratos de compravenda ou arrendamento celebrados a partir de dita data.
O propietario ou promotor deberá, unha vez obtido, presentar este certificado de eficiencia enerxética ante a Comunidade Autónoma para proceder ao seu rexistro. Con motivo de habilitar o xa creado Rexistro de Certificado de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia, para poder inscribir os certificado de edificios existentes, o pasado 30 de maio publicouse no DOG a Resolución do 20 de maio de 2013 pola que se aproba o modelo de solicitude para a inscrición dos certificados de eficiencia enerxética dos edificios existentes no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia.
Plan de acción de eficiencia energética de la UE